jueves, 3 de diciembre de 2009

ALGO MÁXICO


Ola!

Hoxe voltei a casa do meu avó, aínda que non é domingo, porque está enfermo. O médico lle dixo a miña nai que era a gripe H1N1 e que tiña que estar illado durante polo menos quince días. So o pode atender unha única persoa, por iso, miña nai quedou coa miña avoa que sería ela quen o coidaría. Así que pasaríamos uns días na casa dos meus avós. A min esta nova puxome moi ledo pois tería tempo de ler o diario de Máximo tódolos días. É fantástico.

Cando cheguei do instituto, despois dun días esgotador, voteime a correr escaleira a baixo cara o soto, onde estaba Máximo e a súa aventura en Grecia.

" A maña seguinte, cando me erguin despois de estar toda a noite cavilando no ditoso enigma, penso que atopei a solución. Despois de almorzar pan con queixo dixenlle o meu amigo o pastor, que xa sabía a resposta. O que hai que facer é queimar a outra parte da illa e así non tería que saltar a auga, nin me queimaría. É dicir tería que facer un contralume.
Meu ben meu home, parece que a amnesia non che afecta no teu razoamento.
Ben, teño que deixarte meu amigo, pois teño que percorrer esta terra en busca da miña identidade, por iso temos que separarnos.
Moi ben pero ten coidado con quen te atopas polos camiños, pois hai pedras que son moi difíciles de mover, nesta terra de homes sabios e poderosos.
Terei coidado e ata outra.
Entón puxenme a camiñar e ía moita calor, podese dicir que máis ca na miña terra.Cando xa levaba un tempo de travesia atopeime cun mercader e pregunteille onde me atopaba. Estaba en Miros e el ía cara a Heraklion , a zona máis importante de Creta, así que pedinlle se o podía acompañar, que eu tamén era un mercader e quería facer fortuna nestas terras tan fermosas.
Falando un pouco de todo, dixome que tiña unja filla chamada Ariadna, que ó esperaba en Heraklion, e que a súa muller morrera dunhas estrañas febres.
A min sorprendeume un nome tan raro e a vez tan bonito, Ariadna, polo que pregunteille de onde proviña. Entón foi cando me contou a súa orixe. Aqui está a historia.
Hai moitos anos en Creta reinaba o poderoso rei Minos. A súa capital era célebre no mundo polo laberinto, cheo de intrincados corredores, dos cales era casi imposible atopar a saída. No interior vivía o terrible Minotauro, un mosntruo con cabeza de touro e corpo de home, fruto dos amores de Parsifae, a esposa de Minos, cun touro que Poseidon, deus dos mares, fixo xurdir das augas.
En cada novilunio había que sacrificar un home ó Minotauro, pois cando o monstruo non satisfacia o seu apetito, precipitabase fora para sementar a morte e a desolación dos habitantes da comarca.



Un día, o rei Minos recibiu unha tráxica nova: o seu fillo acababa de morrer asasinado en Atenas. Minos clamou vinganza , reuniu o seu exército e o enviou a Atenas para iniciar o ataque. Atenas, ó non estar preparada, non puido ofrecer resistencia e solicitou a paz. Minos , con severidade dixo: "ofrezovos a paz, pero cunha condición: cada nove anos , Atenas enviará sete mozos e sete doncelas a Creta para que paguen coa súa vida a morte do meu fillo".



Aqueles mozos serían arroxados ó Minotauro para que os devorara. Os atenienses non tiveron máis remedio que aceptar aínda que cunha reserva: que si un dos mozos conseguía matar o Minotauro e saír do labirinto, non só salvaría a súa vida, senón tamén a dos seus compañeiros, e Atenas sería eximida de dita condena.



Dúas veces pagaron os atenienses ó tráxico tributo. Así que, acercabase o día no que por terceira vez a nave de velas negras, signo de loito, ía surcar a mar. Entón Teseo, fillo único do rei de Atenas , Egeo, ofreceu a súa vida pola salvación da cidade. O rei e o seu fillo conviñeron en que si a Teseo lle favorecía a sorte, o navío que os traería de volta levaría velas brancas.



¡ Xa vou mamá!

Teñovos que deixar, seguimos maña, a miña nai chamame para cear e se non vou voando, ponse toda encabuxada.

Deica outra e CARPE DIEM.

No hay comentarios:

Publicar un comentario