lunes, 14 de diciembre de 2009

HERAKLION I

Ola!

Outro día máis atopome no soto co gran diario de Maximus. Os meus pais xa estan un pouco moscas porque non entenden porque vou tanto a este lugar. Tal vez algún día llelo conte.
Deixamos a Maximus camiño de Heraklion xunto co mercader.

" Cando chegamos a Heraklion, o mercader díxome que aquí era onde ocorrera a historia de Teseo e Ariadna, e que me ensinaria onde aconteceu todo. Agora íamos cara a súa casa.
A casa organízabase en torno a un patio central. Solían ser de adobe, e non especialmente de moi boa calidade: en Grecia dábase máis importancia á vida pública que á privada. As casa ordinarias compoñíanse dun piso baixo con dúas pezas moi pequenas, e dun piso alto, ó que se subía ordinariamente por unha escaleira exterior. A parte inferior estaba aberta na rocha e as paredes eran de madeira ou de argamasa.




A luz obtiñase a través das fiestras ou claraboias sen vidrios, situadas a unha altura que protexía a intimidade da familia da vista dos viandantes.
Non eran casas demasiado cómodas nin agradables, pero eran suficientes para satisfacer as necesidades dos seus inquilinos que, xeralmente, pasaban a maior parte do día fóra da casa , nos grandes espazos públicos ó aire libre.
Pero as casas dos ricos estaban feitas a base de materiais nobles.

O nome das habitacións eran, androu que significa apartamento dos homes, posto que as mulleres e os nenos ocupaban as habitacións máis lonxanas da rúa.
os mobles non eran moi complicados, e servían para unha vida social relativamente simple. había baúles e diváns para comer ou durmir indistintamente. O qrouno era un asento, honorífico, reservado o dono da casa ou ó hóspede máis distinguido. A mesa na que se servían as comidas era unha especie de velador.





No hay comentarios:

Publicar un comentario