miércoles, 16 de diciembre de 2009

CARA A NOVOS COÑECEMENTOS


" Despois de que Aristarco me puxera ó día de toda a cultura e sabiduría dos cretenses, a illa xa me quedaba un pouco pequena polo que decidín ir a Grecia, en particular, a gran Atenas, da que tantas cousas fermosas oíra falar.

Aristarco decidiu acompañarme na miña aventura. A min emocionoume moito porque así vería a través dos ollos dun home tan intelixente os puntos fortes e febles deste gran pobo.


Mentras que navegábamos cara o noso destino contoume algunhas cousas sobre os costumes do pobo grego.
A base da alimentación dos gregos constituiana os cereais, o trigo e a cebada esencialmente.
As verduras escaseaban e eran relativamente caras na cidade, excepto as fabas e as lentellas, que se comían sobre todo en puré. Tamén se comía moito allo, así como queixo e cebolas, sobre todo no exército.
A carne era escasa, excepto a de cerdo, e os pobres da cidade só a comían de vez en cando, con ocasión dalgún sacrificio.
A maior parte dos atenienses tiñan que alimentarse máis a miudo de pescado que de carne. O pescado, xunto co pan, era quizáis o alimento esencial da poboación urbana. Tamén lles gustaban moito os mariscos, los moluscos, a sepia e os calamares.
A comida podía terminar cun postre consistente en froita fresca ou seca, sobre todo figos, noces e uvas doces con mel.


A bebida máis consumida era a auga. Tamén bebíase leite, sobre todo de cabra, e unha especie de hidromel, mestura de mel e auga. Pero a ribeira aportaba a bebida real, o regalo de Dionisio. O viño conservábase en toneis de pel de cabra ou de porco, mentras que se exportaban en grandes tinaxas de barro.









A xornada dun ateniense, na familia , mentras a muller permanecía na casa, era o home o que se encargaba de todo o que esixía contaco co exterior; xa se trate de traballo, asuntos públicos , procesos, negocios ou compras.
Tras un lixeiro almorzo composto por pan mollado en viño, algúns figos ou olivas, o marido ateniense encamiñabase ó ágora para facer as compras da casa. Alí atopábase con coñecidos cos que falaba ata ben entrada a mañá. Non era raro que , tras asistir a algunha reunión de asamblea ou arranxar os seus asuntos, come fora da casa e continúa a tarefa cunha visita á barbería, ata a hora de retirarse.

Nunha comida de convidados, ó chegar éstos, os escravos lavabanselles os pés con auga mesturada con viño ou perfumes: despois, serviase a comida, que constaba de dúas partes: a comida propiamente dita que comprendía varios pratos, nesta primeira parte non se bebía e, a final, lavabanse as mans e coronabaos de flores.
O simposion era o momento máis importante da noite. Sirvense toda clase de froitos e para iniciar á bebida, unha torta salgada. Os gregos non beben o viño só, senón mesturado con auga. Un dos convidados, elexido entre todos, determina a proporción da mestura. Esta faciase nun recipiente de boca ancha, de onde cada comensal enchía a súa copa. Toda esta parte do banquete está amenizada por bailarines e flautistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario