viernes, 4 de diciembre de 2009

A HISTORIA PROSEGUE

Ola!

Hoxe voltei da escola sen pararme con ninguen para ler de novo o diario de Maximus . Estou desexando saber como termina a historia de Teseo e Ariadna.

" A prisión en Creta, onde Teseo e os outros xóvenes foron aloxados coma prisioneiros limitaba co parque por onde as fillas do Rei Minos, Ariadna e Fedra, acostumaban pasear. Un día o carceleiro avisou a Teseo que alguen quería falarlle. O saír, o xoven atopouse con Ariadna, que o ver a Teseo tan fermoso e valente decidiu axudarlle a matar o Minotauro as agachadas do seu pai. "


Toma este fío e cando entres no labirinto ata o estremo do fio á entrada e vai desfacendoo pouco a pouco. Así terás unha guia que che permitirá atopar a saída". Deulle tamén unha espada máxica.

Á mañá seguinte , o principe foi ó labirinto, tomou o fio, atou o extremo do fío ó muro e foino desenvolvendo, a medida que avanzaba polos corredores.

Tras moito camiñar, penetrou nunha gran sala e atopouse fronte o temible Minotauro que bramaba de furor e avalanzouse contra o xovén. O Minotauro era tan espantoso, que Teseo estivo a punto de desfalecer, pero conseguiu vencelo coa espada máxica.

Bastoulle logo seguir o fio de Ariadna en sentido inverso e pronto puido atravesar a porta de saída. teseo salvou a súa vida, a dos seus compañeiros e liberou a súa cidade de tan horrible condena.
Dispostos xa e reembarcar. Teseo levou a bordo en segredo a Ariadna e tamén a Fedra, quen non quixo abandonar a súa irmá maior. Durante a viaxe e tras una feroz tormenta tiveron que refuxiarse na illa de Naxos. Volta a calma, emprenderon o retorno. Pero Ariadna non aparecía, buscarona, chamarona, pero foi en vano. Finalmente abandonaron a súa busca e fixeronse á mar. Xa zarparon cando Ariadna espertou no bosque, despois de caer extenuada polo cansancio.


De pronto, e rodeada por unha monumental ceremonia apareceulle o xoven máis fermoso que nunca antes vira. Era Dionisios, deus do viño, que lle ofreceu casamento e facela inmortal. A moza aceptou e despois dunha viaxe triunfal pola Terra, o deus o levou a súa morada eterna.


En tanto, en Atenas cundía a tristura. O vello Rei ía tódolos días á beira do mar, esperando ver o seu fillo retornar. A fin , o barco apareceu no horizonte. Pero traía as velas negras e o vello rei desesperou. É que Teseo, abatido pola desparicición de Ariadna esquecera izar as velas brancas, signo de victoria. Tolo de dor, o rei Egeo arroxouse ó mar que dende entón leva o seu nome. Pasou o tempo e os atenienses reunidos en asamblea ofreceron a coroa a Teseo, quen se casou logo con Fedra e reinou por moitos anos."

Esa historia pareceme moi interesante. O que máis me impresionou foi a valentia de Teseo, pero por outra parte a súa aventura costoulle a morte do seu pai por culpa dun esquecemento.
Claro que si, Maximus, a vida está chea de desgracias que son imprevisibles.É o destino que xa está marcado para cada un de nós.
Non penso coma ti, creo que o destino facémolo cada un de nós cos nosos actos cara os demais, pois é o que levamos desta vida, as nosas experiencias na memoria das persoas que coñecemos ó longo deste camiño na terra. Pero o que máis me impactou foi o labirinto, quen puido construir algo tan perfecto? quen nin siquera un home tan valente e audaz coma Teseo , senon fora por Ariadna, non saería de alí con vida.
Según teño entendido, Maximus, o labirinto ten a súa historia.
O labirinto foi construido por Dédalo, un arquitecto e artesán moi hábil. O labirinto era un edificio con incontables corredores e rúas sinuosas abrindose uns aos outros, que parecía non ter principio nin fin. Dédalo construino para o rei Minos, pero cando rematou perdeu o favor do rei e foi encerrado canda seu fillo Ícaro nunha torre.

Dédalo non podía abandonar a illa por mar, xa que o rei mantiña unha estreita vixiancia sobre todos os barcos e non podía permitía que ningún navegase sen ser coidadosamente rexistrado. Dado que Minos controlaba a terra e o mar, Dédalo púxose a traballar para fabricar ás para el e o seu xovén fillo. Enlazou plumas entre sí comezando polas máis pequenas e engadindo outras cada vez máis longas, para formar así unha superficie maior. Asegurou as máis grandes con fio e as máis pequenas con cera e deulle ó conxunto a suave curmatura das ás un paxaro.


Cando o fin terminou o traballo, Dédalo bateu as súas ás e suspendeuse no aire. Equipou entón o seu fillo da mesma maneira e ensinoulle a voar. Dédalo advertiu a Ícaro que non voase demasiado alto porque a calor do sol derretiría a cera, nin demasiado baixo porque a escuma do mar mollaría as ás e non podería voar.


Entón pai e fillo votaron a voar, pero o xoven comezou a ascender coma se quixese chegar ó paraíso. o ardiente sol abrandou a cera que mantiña unida as ás e caeu ó mar.


O seu pai chamou a terra cercana ó lugar do mar no que Icaro caeu, Icaria. Dédalo chegou sa e salvo a Sicilia baixo o coidado do re Cócalo, onde construiu un templo a Apolo no que colgou as súas ás coma ofrenda ó deus.

Esta historia pareceme increíble, como un home poder voar coma un paxaro? e onde está o labirinto?
Meu amigo, eu son un simple comerciante que non che pode respostar a esas preguntas pero coñezo un home en Heraklión moi amigo meum que che pode guiar polo mundo da sabiduría e na túa viaxe por estas terras, chámase Aristarco é astrónomo e matemático. É mentras camiñamos cara o noso destino vouche propoñer un enigma para que te entreteñas. Aquí xa sabes que somos moi aficionados a este tipo de cousas. Así que aí vai: Cal é aquela ave que, quitándolle unha vogal, convertese nun ser humano que vive a costa dos demais?.

Bueno téñovos que deixar, vou facer as tarefas da escola. Ademais quero preguntarlle o meu pai, que sabe moito destas cousas, se existiu en realidade o labirinto e onde pode atoparse.

Deica outra e CARPE DIEM.

No hay comentarios:

Publicar un comentario