miércoles, 16 de diciembre de 2009

A VIDA PÚBLICA DE ATENAS

A vida dun ciudadano de Atenas pode compararse coa dun home que fora en tempo ordinario a vez comerciante e diputado, e que en certos casos fora chamado por elección ou porque lle tocara a suerte, a ser maxistrado empregado de menor categoría ou oficial.


Todos os ciudadanos eran iguais en dereitos e tomaban parte no goberno e na administración pública.Este goberno dun estado no que o pobo exerce a soberanía, chamase democracia.

Así procedíase en Atenas. Calquera ciudadano, sin que se tivera en conta o seu nacemento ou a súa fortuna, podía aspirar aos honores e a acadalos, pois os cargos de arconte, senador e de xuiz eran sorteados todos os anos.


Todo ciudadano participaba do goberno, porque el decidía co seu voto se as leis propostas habían de entrar en vigor en Atenas,

xa co resto do imperio. cumplir cos deberes de cidadan foi un verdadeiro oficio para o ateniense.

Pero esta democracia era en realidade unha aristocracia. Os electores eran pouco numerosos e a Asamblea era coma unha reunión pública na que todo o mundo se coñecía.

Tiñan escravos para atender aos traballos, e súbditos para abastecer de cartos a cidade. Todos os anos designabanse por sorteo a 6000 cidadáns para que foran maxistrados, co cual se chegaba ó resultado de que a medate da cidade administraba a outra metade.

A asamblea do pobo, celebrabase nunha colina fronte a Acropolis. Todos os cidadáns da poboación e do campo tiñan o dereito de asistir a elas. A reunión efectuabase tres veces ó mes, non contadas as sesións extraordinarias.

A sesión estaba presidida por unha comisión do Senado, e comezaba cun sacrificio. Despois un heraldo lia a proposición de lei preparada polo Senado.

Os oradores presentabanse e tomaban sucesivamente a palabra, subindo sobre unha plataforma de pedra dende onde podían ser vistos e oídos por todos. O pobo ávido de elocuencia, escoitaba os debates con pasión e despois votaban levantando as mans. a súa decisión non tiña apelación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario