domingo, 18 de octubre de 2009

A ILLA BRANCA



Hoxe coma tódolos domingos, eu e os meus pais, imos a casa do meu avó a facerlle unha visita. Eu estabao desexando, xa que había tempo que non sabía nada de Maximus.
Cando cheguei, o primeiro que fixen foi baixar o soto, paravoltar con Maximus e a súa misión.

Ano, o mesmo.

Os meus compatriotas deixaronme nunha barquiña, preto da illa de Creta, o meu primeiro destino.
Creta , según me informaron, e a maior das illas que posuen os gregos. O mar é cálido e hoxe vai bastante calor. Cando baixei da barca na praia de areas finas e brancas, non atopei ninguen por ali, o que me sorprendeu un pouco, pois onde eu vivo sempre hai moito movemento. Entón deixei a barquiña e puxenme a camiñar. Non sabía onde estaba, so sabía que me atopaba na zona sur da illa. O que si observei foi as súas grandes pendentes. Tiven que subir moito, sobre uns 400 metros de altura para saír daquela fermosa praia.
Xa na cume, albisco que a vexetación árborea está marcada por especies coma o ciprés, pero sobre todo está chea de oliveiras. Tamén é unha zona moi arbustiva, onde vexo plantas aromáticas como: salvia, tomillo e ourégano, moi apreciadas no meu país dende o punto de vista culinario.



A raíz de todo isto, cavilei que esta illa sería un importante enclave como chave do mar Exeo, dende o punto de vista estratéxico. Como son soldado, a miña mente está en coñecer os puntos fortes e febles para logo poder conquistalos.
De pronto, vexo que alá, o lonxe alguén me fai acenos coa man. Era un pastor, que estaba coas súas cabras ( Kri-Kris) no monte daquela fermosa terra. Cheguei xunto a el e preguntoume quen era. Eu co meu básico grego, dixenlle que era un naúfrago, que só lembraba o meu nome, este é Maximus.
O pastor, sorprendido, mandoume sentar o seu carón. El chamábase Nickolaos e adicabase a pastoreas, como xa o fixeran toda a súa familia, xeración tras xeración.
convidoume a comer pan de sementes de sésamo, queixo e froita. Para beber tiña a propia leite das súas cabras. Tiña tanta fame que comín coma un poseso, aínda que toda aquela comida era un pouco forte para min.
Mentras ceabamos, Nickolaos contoume a historia de como esta terra vai ligada co nacemento de zeus, o rei dos deuses, deus do ceo e o trono. Nós temoslle moito respeto. A historia é que a súa nai Rea, cando naceu, ocultouno do seu pai Cronos coa axuda da súa nai Gaia, para que non fose comido polo titán e poidera sobrevivir. Rea escondeuno na cova de Creta onde Zeus foi criado pola ninfa Andrastia e a ninfa Ida, que o alimentaba coa leite de cabra divina Amalthea, ata que a súa nai ideou un plan para que matara a seu pai. Despois de devorar a todos os seus irmáns, avós e bisavós. Supoñemos que pola indixestión os vomitou a todos e convertéronse no que hoxe coñecemos como terra, mar, noite, etc.
Desde entón o deus Zeus, tranformase en Xenios, protector dos visitantes, que regala con bondade a súa hospitalidade a cada estranxeiro que desexa honrar a terra sagrada. Con esta historia Nickolaus deixoume claro que todo forasteiro era benvido nesta terra, sempre que veña en paz.
Xa chega a noite, pero antes de deitarnos ó redor do lume, o pastor, aficionado os enigmas, propúxome un para que o cavilara durante a noite. Este era o seguinte:


Estamos nunha illa pequena de vexetación abundante, e está rodeada de monstruos famentos.
Se un lado da illa comeza a arder, e o vento está a favor do lume. Cómo faremos para salvarnos diste inferno?.
Este enigma deixoume pensativo, pero a miña mente cavilaba en que tiña que chegar a cova do deus rei Zeus. Estaba desexoso de que chegase un novo día para coñecer máis a este fantástico pobo.

Bueno xa son horas de marchar, os meus chaman deseperadamente por min. Estou desexando voltar o antes posible para saber máis de Maximus e os gregos.
Pensando un pouco, e a raíz desta historia ten relación co que conta o poeta Homero no seu libro a Odisea, xa que nos di como o deus xa adulto seguía morando na súa gruta, inaccesible aos individuos mortais. Pero bueno isto é outro conto.

Deica a próxima e CARPE DIEM.

sábado, 10 de octubre de 2009

A VIAXE



Verán, luns do ano 298 a. C.

Son Maximus Antonio, fillo de Elio Adriano, un home abrumado de virtudes, no que a súa vida transcurriu en administracións sen gloria. Carecia de ambición e de alegría. Polo que sucumbiu cando eu soamente tiña doce anos. A miña nai habería de pasar o resto da súa vida nunha austera viudez. Por outra banda eu recluteime no exército cando só tiña 17 anos, a pesar da negación da miña nai. Xa os vinte e poucos ano participei en varias batallas que neste momento non veñen a conto, pero que grazas o meu valor nelas, fun nomeado centurión, polo que teño o meu mando cen soldados que confian en min plenamente, pero que por causa desta misión senatorial teño que abandonalos por un tempo. Espero aprender novas técnicas para facernos con esas terras e ese pobo chamado Grecia para que algún día sexa noso, como xa o son moitos deles.




O helenismo e o Oriente eran descoñecidos , ou os mirabamos de lonxe co ceño fruncido; creo que ata este momento no que escribo estas verbas non había unha soa estatua grega na península. Agora o Senado preocupase por coñecer os segredos máis ocultos dunha das civilizacións máis poderosas do mundo, ata este momento.

Hoxe é o dia da miña partida hacia o descoñecido. Todavía é de noite e aínda non cantaron os galos. A pesares diso, xa estou desperto, impaciente por comezar esta gran aventura. Amanece. A auga está morna e o almorzo é asqueroso. Atopome na posada de Fanio e aínda que era a época máis activa do ano, estaba case vacia. Corrían tempos malos e inseguros e só viaxaban aqueles que non tiñan máis remedio que facelo, pois había gran cantidade de rufianes, volvendo arriscado o tránsito e o comercio. A pesares disto collín a miña pequena equipaxe e dirixinme cara o porto chamado Pozzuoli, coma un comerciante máis que se vai a Creta en busca de fortuna.

O porto estaba cheo de xente que cargaba e descargaba todo tipo de mercadorias. Cando observei o barco que me ía levar ó mundo da cultura e a sabiduría. Teño que dicir que a min, un home do interior, non me gustaba nada, nadiña o mar.
O navío mercante romano é inmenso, a súa proa é redonda e abultada mentras que a popa é moito máis realzada. A súa vela chamada "antiga" ou " romana", así mo comentaría máis tarde un dos mariñeiros, é máis ancha que alta. Para reducir a superficie da tea, os romanos usan un sistema cuxo principio se asemella as cortiñas venecianas. Poseía un segundo mástil, provisto dunha pequena vela que se inclina cara adiante. Isto permite, como puden comprobar cos meus ollos, facilitar as manobras e tamén se pode usar como mástil de carga no desembarque de mercadorías pesadas. Para min coñecer isto era algo fantástico. Sorpendíame ver como algo tan grande e pesado podería flotar na auga. Por iso dibuxei este pequeno plano que espero que vos sirva de guía para coñecer mellor a flota mercante.
Teño que sinalar, por outra banda que tamén me impresionou cos navios estean tan profusamente decorados. Unha cola de cisne, volta sempre cara atrás, coron o codaste da quilla na maoiría destes navíos. A proa é a menudo adornada coa cabeza ou o busto dunha divinidade protectora, ou con un ollo que fai entón parecer ó barco un monstruo marino.





Xa no barco, falo co capitán ( magister navis), un home robusto ó que lle pido, a cambio dunha importante cantidade de moedas ( fabricadas en bronce que no seu anverso representabase a cabeza de Iano bifrom, o deus das dúas caras e no seu reverso a proa dunha nave), que me deixaran en Creta, de paso que se dirixen a Alexandría. Non houbo ningún tipo de problema pola súa parte.
A travesía ata Alexandría duraba nove días, aínda que a o meu destino duraría aproximadamente sete días dependendo do humor do rei do mar.

Durante estes días de viaxe, como non teño nada que facer, manteño varias conversas cos tripulantes do barco. Un deses maniñeiros é Primus que me conta que antes de comezar cada viaxe pidenlle ó deus Neptuno cos garde de tódolos perigos. Contanme cun día navegando polo Adriático ó amencer viron ó deus cabalgando as olas, sobre os seus cabalos brancos e algúns delfins lle acompañaban. Pero como nesta viaxe non lle fixemos ningunha ofrenda para pedirlle paso polo seu reino, co seu tridente axitou as olas e provocou tal tempestade que soamente sobrevivimos catro tripulentes dos veinticinco que eramos.
Dende aquel día ninguen navega polo mar sen pedirlle benevolencia e seguridade para pasar polo seu territorio. Aínda que algunha que outra vez, tamén nos atopamos con algunha tormenta, para min que ese día non lle foi moi ben coa súa esposa Anfítrite e de aí que o seu mal humor o pague cuns simples mortais.


Archivo:Jardines LaGranja4 22.7.2003.jpg

Primus é fantástico pois nos seus quince anos recorreu tódolos mares; estivo a puntiño varias veces de atoparse con Plutón, pero coma el di a súa vida está no mar e tal vez a súa morte tamén.
Hoxe, o quinto día da miña viaxe, é a hora da despedida dos meus compatriotas. Deixanme nunha barquiña e dexesanme boa sorte. Eles teñen que seguir rumbo cara un paraíso e eu a miña misión. Pode que algún día nos atopemos, nesta vida ou na outra, para ben ou para mal, pero dando as grazas por todo ó recibido.
Deica outra escrita e carpe diem.

martes, 6 de octubre de 2009

UN DESCUBRIMENTO ALUCINANTE


Hoxe, día 6 de outubro, comezamos a viaxe.
Que a forza nos acompañe.

A historia que aparece nos libros, as veces, non está contada polos seus verdadeiros protagonistas.
Hai uns días cando estaba a revisar a colección de libros antigos que tiña meu bisavó no soto, atopeime sen contar, o que sería un gran tesouro para todos aqueles que nos gusta a historia en xeral e a grega en particular. Tratábase dun especie de diario. As súas tapas estaban grisaceas polo paso do tempo e cheas de po, aínda que en xeral encontrábase en moi bo estado, parecia que se ía desfacer entre as miñas blancas e temblorosas mans pola gran excitación do momento.
Cando abrín o diario observei como o papel no que estaba escrito parecía un papiro do antigo Exipto, aínda que cos meus escasos coñecemento sobre o tema, decateime que tratábase de algo máis recente, pois algunhas das súas páxinas estaban escritas en latín e outras en grego. Era unha escrita clara e sinxela, de trazos rectos, serenos, respetuosos coas liñas e con algunha que outra mancha que podería ser dalgún tipo de alimento da época ou incluso de sangue, porque non.
Na primeira páxina atopei o nome do seu autor. Chamábase Maximus Antonio Vinicio, nado no ano 325 a.C en Roma, procedente da clase eqüestre, con cargo de centurión no exército romano que con 27 anos, o Senado encargoulle a misión máis importante da súa vida, non só para el, senon tamén para o resto do mundo que hoxe coñecemos como tal.
A misión consistía en integrarse no pobo grego para coñecer a través da súa cultura, coñecementos científicos, costumes, relixión, ...etc como chegou a ser unha das civilizacións máis importantes do mundo.
Agora sí, é cando comenza a nosa viaxe polo pobo grego, utilizando como medio de transporte as verbas escritas no diario deste personaxe, que foi pasando de man en man, para chegar as miñas e darvos a coñecer porque as civilizacións,as veces, como a romana chegaron a ser tan importantes, grazas a coñecer a cultura e sabiduría doutras como a grega.
Esta viaxe que agora imos facer, é unha especie de volta as nosas orixenes, cuxa meta final atópase sen saber o porqué, en Grecia. Unha viaxe alucinante no tempo hacia ese punto tan indeterminado no que Deus pulsou o botón de play, facendo xirar dende entón tódolos mecanismos e as engranaxes necesarias para o funcionamento da humanidade.
Deica a próxima escrita e non vos esquezades carpe diem.

sábado, 3 de octubre de 2009

GRECIA

A MIÑA VIAXE A GRECIA ACABA DE PARTIR...