martes, 6 de octubre de 2009

UN DESCUBRIMENTO ALUCINANTE


Hoxe, día 6 de outubro, comezamos a viaxe.
Que a forza nos acompañe.

A historia que aparece nos libros, as veces, non está contada polos seus verdadeiros protagonistas.
Hai uns días cando estaba a revisar a colección de libros antigos que tiña meu bisavó no soto, atopeime sen contar, o que sería un gran tesouro para todos aqueles que nos gusta a historia en xeral e a grega en particular. Tratábase dun especie de diario. As súas tapas estaban grisaceas polo paso do tempo e cheas de po, aínda que en xeral encontrábase en moi bo estado, parecia que se ía desfacer entre as miñas blancas e temblorosas mans pola gran excitación do momento.
Cando abrín o diario observei como o papel no que estaba escrito parecía un papiro do antigo Exipto, aínda que cos meus escasos coñecemento sobre o tema, decateime que tratábase de algo máis recente, pois algunhas das súas páxinas estaban escritas en latín e outras en grego. Era unha escrita clara e sinxela, de trazos rectos, serenos, respetuosos coas liñas e con algunha que outra mancha que podería ser dalgún tipo de alimento da época ou incluso de sangue, porque non.
Na primeira páxina atopei o nome do seu autor. Chamábase Maximus Antonio Vinicio, nado no ano 325 a.C en Roma, procedente da clase eqüestre, con cargo de centurión no exército romano que con 27 anos, o Senado encargoulle a misión máis importante da súa vida, non só para el, senon tamén para o resto do mundo que hoxe coñecemos como tal.
A misión consistía en integrarse no pobo grego para coñecer a través da súa cultura, coñecementos científicos, costumes, relixión, ...etc como chegou a ser unha das civilizacións máis importantes do mundo.
Agora sí, é cando comenza a nosa viaxe polo pobo grego, utilizando como medio de transporte as verbas escritas no diario deste personaxe, que foi pasando de man en man, para chegar as miñas e darvos a coñecer porque as civilizacións,as veces, como a romana chegaron a ser tan importantes, grazas a coñecer a cultura e sabiduría doutras como a grega.
Esta viaxe que agora imos facer, é unha especie de volta as nosas orixenes, cuxa meta final atópase sen saber o porqué, en Grecia. Unha viaxe alucinante no tempo hacia ese punto tan indeterminado no que Deus pulsou o botón de play, facendo xirar dende entón tódolos mecanismos e as engranaxes necesarias para o funcionamento da humanidade.
Deica a próxima escrita e non vos esquezades carpe diem.

1 comentario:

  1. Eu estou desexando coñecer os feitos que presenciou Maximus Antonio, seguro que son moi interesantes!
    Agardo que algún día nos amoses o libro... =)

    Saúdos dende Micenas!!!

    ResponderEliminar