domingo, 18 de octubre de 2009

A ILLA BRANCA



Hoxe coma tódolos domingos, eu e os meus pais, imos a casa do meu avó a facerlle unha visita. Eu estabao desexando, xa que había tempo que non sabía nada de Maximus.
Cando cheguei, o primeiro que fixen foi baixar o soto, paravoltar con Maximus e a súa misión.

Ano, o mesmo.

Os meus compatriotas deixaronme nunha barquiña, preto da illa de Creta, o meu primeiro destino.
Creta , según me informaron, e a maior das illas que posuen os gregos. O mar é cálido e hoxe vai bastante calor. Cando baixei da barca na praia de areas finas e brancas, non atopei ninguen por ali, o que me sorprendeu un pouco, pois onde eu vivo sempre hai moito movemento. Entón deixei a barquiña e puxenme a camiñar. Non sabía onde estaba, so sabía que me atopaba na zona sur da illa. O que si observei foi as súas grandes pendentes. Tiven que subir moito, sobre uns 400 metros de altura para saír daquela fermosa praia.
Xa na cume, albisco que a vexetación árborea está marcada por especies coma o ciprés, pero sobre todo está chea de oliveiras. Tamén é unha zona moi arbustiva, onde vexo plantas aromáticas como: salvia, tomillo e ourégano, moi apreciadas no meu país dende o punto de vista culinario.



A raíz de todo isto, cavilei que esta illa sería un importante enclave como chave do mar Exeo, dende o punto de vista estratéxico. Como son soldado, a miña mente está en coñecer os puntos fortes e febles para logo poder conquistalos.
De pronto, vexo que alá, o lonxe alguén me fai acenos coa man. Era un pastor, que estaba coas súas cabras ( Kri-Kris) no monte daquela fermosa terra. Cheguei xunto a el e preguntoume quen era. Eu co meu básico grego, dixenlle que era un naúfrago, que só lembraba o meu nome, este é Maximus.
O pastor, sorprendido, mandoume sentar o seu carón. El chamábase Nickolaos e adicabase a pastoreas, como xa o fixeran toda a súa familia, xeración tras xeración.
convidoume a comer pan de sementes de sésamo, queixo e froita. Para beber tiña a propia leite das súas cabras. Tiña tanta fame que comín coma un poseso, aínda que toda aquela comida era un pouco forte para min.
Mentras ceabamos, Nickolaos contoume a historia de como esta terra vai ligada co nacemento de zeus, o rei dos deuses, deus do ceo e o trono. Nós temoslle moito respeto. A historia é que a súa nai Rea, cando naceu, ocultouno do seu pai Cronos coa axuda da súa nai Gaia, para que non fose comido polo titán e poidera sobrevivir. Rea escondeuno na cova de Creta onde Zeus foi criado pola ninfa Andrastia e a ninfa Ida, que o alimentaba coa leite de cabra divina Amalthea, ata que a súa nai ideou un plan para que matara a seu pai. Despois de devorar a todos os seus irmáns, avós e bisavós. Supoñemos que pola indixestión os vomitou a todos e convertéronse no que hoxe coñecemos como terra, mar, noite, etc.
Desde entón o deus Zeus, tranformase en Xenios, protector dos visitantes, que regala con bondade a súa hospitalidade a cada estranxeiro que desexa honrar a terra sagrada. Con esta historia Nickolaus deixoume claro que todo forasteiro era benvido nesta terra, sempre que veña en paz.
Xa chega a noite, pero antes de deitarnos ó redor do lume, o pastor, aficionado os enigmas, propúxome un para que o cavilara durante a noite. Este era o seguinte:


Estamos nunha illa pequena de vexetación abundante, e está rodeada de monstruos famentos.
Se un lado da illa comeza a arder, e o vento está a favor do lume. Cómo faremos para salvarnos diste inferno?.
Este enigma deixoume pensativo, pero a miña mente cavilaba en que tiña que chegar a cova do deus rei Zeus. Estaba desexoso de que chegase un novo día para coñecer máis a este fantástico pobo.

Bueno xa son horas de marchar, os meus chaman deseperadamente por min. Estou desexando voltar o antes posible para saber máis de Maximus e os gregos.
Pensando un pouco, e a raíz desta historia ten relación co que conta o poeta Homero no seu libro a Odisea, xa que nos di como o deus xa adulto seguía morando na súa gruta, inaccesible aos individuos mortais. Pero bueno isto é outro conto.

Deica a próxima e CARPE DIEM.

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben a historia... estás a crear intriga e gañas por seguirche lendo. Segue completando como fas con datos históricos e da vida cotiá pero intenta incluír personaxes reais dos que previamente te informes.

    ResponderEliminar